Ir al contenido principal

A conrobla

Non sei que ten o pan galego que a todos gusta, e por iso quixemos dar gusto a todo o mundo facendo unha conrobla como é debido, das que só nós sabemos facer, falando e comendo ben.

Velaquí o pan e os chourizos de David (2º de ESO)
A mesa expositora, a medio encher, e os carteis divulgativos de fondo
A mesa das mazás como froita recomendada, coas fermosas cestas que fixo o pai de Raquel (a profe de Galego)
A degustación: o pan foi xentileza da panadería Rufina, a carón do IES, e o salchichón de Raquel; as fotos son de Olaia (a profe de historia).
Non todo foi comer, o propio era explicar os proxectos; nesta mesa contabamos que proporcións ten o pan galego e como se fai; na seguinte que son as horas de frío e a súa importancia no desenvolvemento dos frutais; e na do fondo como se mide a auga de chuvia, pero a esa zona tardaban en chegar, o público amoreábase ao redor do pan.
Quédannos cousas por facer, buscamos a etiqueta nutricional do pan galego, non un calquera senón o que leva as proporcións que dí a normativa da Consellería de Medio Rural, pero non é doado de atopar, e aínda que pedimos axuda esta non chegou, a ver para o ano ...
Só nos queda agradecer ao Instituto da Lingua Galega que nos elexira para participar nesta aventura porque, en palabras do noso alumnado,  ... profe esto hai que repetilo para o ano!

Comentarios

Entradas populares de este blog

IXP Pan Galego

Logotipo da indicación xeográfica Despois dun logo percorrido lexislativo xa temos o regulamento da IXP oficial do Pan Galego. A Consellería de Medio Rural publicou antonte no DOG a ORDE do 20 de xullo de 2020 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioG0426-210720-0004_gl.html Nela figuran as características que debe ter o pan para acollerse a esta denominación de orixe, e ademais podemos ler as principais formas que acolle. Felicitámonos de ter por fin unha lei que protexe ao noso pan e que pon en valor este ben tan prezado e único. Agora xa sabemos que a cantidade de auga para incorporar na masa será, como mínimo, de 75 litros por cada 100 kg de fariña, que o formento será o 15 % do peso da fariña amasada, e que se poden engadir como máximo 15 gramos de lévedo biolóxico e 18 gramos de sal por cada kilo de fariña. Este é un resumo das ...

O noso pan

Durante aproximadamente un mes estivemos recollendo datos sobre o vocabulario asociado ao proceso de elaboración do pan na nosa contorna a través dun formulario proporcionado polo programa PaLeGa que nós adaptamos para facilitar o uso de distintos dispositivos (teléfonos e ordenadores). Arquivos oficiais do proxecto que están nesta web: Caderno de enquisa ( PDF ) Follas para os datos ( Excel ou OpenDocument ) Imaxes ( zip ) Para os interesados en empregar a nosa versión amosamos capturas de pantalla deste formulario e proporcionamos un enlace de proba , tamén estamos a dispor de compartir a edición aos que o soliciten. Pantalla inicial do cuestionario Modelo de sección coas preguntas estándar O formulario está feito coa aplicación de Google Forms e consta dunha sección inicial de recollida de datos da persoa que fai a enquisa (no noso caso é o alumnado, que foi avaliado polo desenvolvemento desta tarefa), e vinte e dúas seccións mais cunha pregunta inicial aco...