Ir al contenido principal

As nosas palabras

Palabras obtidas no formulario do Pan

1-Fermento, formento, lévedo, levedo, masa nai,  requento.
Masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan.
2-Becerra, asmo
Franxa de masa amazocada que ás veces queda no pan ou nos doces, por non estar ben cocidos.
3-Alvelo, angazo, angado, arganzo, corno, forca, forquilla, forquita, forcada, esgalladoiro,  pau, rodo.
Pau longo de madeira, que pode ter gallas ou non, que se emprega para introducir ou remexer a leña no forno.
4-Angazo, atisador, cinseiro,  fachizo, lareiro, pa, pala, pa de forno, pa de enfornar, rodo, sobraseiro, varredoiro,
Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas ou a cinsa no forno.
5-Artesa
Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.
6-Forma, forma cunca.
Recipiente de madeira con destino a suxeitar a masa e darlle forma ás pezas de masa para facer o pan.
7-Fornada, sollo.
Conxunto de pezas que se cocen nun forno dunha soa vez.
8-Faragulla, miga, miolo, migalla, rafa.
Parte interior do pan.
9-Codea, codela, curtiza, cudela, codelo.
Parte externa e dura do pan.
10-Faragullas, migallas, rafas, faragullos, mugallas, migas, pedaciños.
Anaco moi pequeno que se solta do pan ou doutros alimentos feitos con fariña, como as galletas ou os doces.
11-Ábaco, cacho, beixo, corrosco, enceto, empeza, currusco, empeza, rebanada.
Anaco de pan con codia cortado polo canto ou polas beiras.
12-Beira, bexo, corrosco, currusco, cornexo,  cabo, empece, rebanada, teta.
Empece e remate das barras de pan.
13-Bica, bola, brona, broa, broza, torta de millo, tarta de millo, rapeira.
Pan de millo.
14-Bola, boliño, molete, tortón.
Peza de pan, xeralmente arredondada e alta.
15-Bola, bouco, bolete de moño, moño, bolo, carrapulo, chusco, molete, corna, piola.
Peza de pan cunha lixeira elevación no centro.
16-Bouco, corna, corno, currusco, marcaxe,  moñete, periquete.
Bóla que levan algunhas pezas de pan na cima.
17-Bola, bolo, boliño.
Peza de pan redonda segundo o tamaño.
18-Bela, chapata, inchote, a bola do lar, bolo aplastado, rapeira, torta.
Peza de pan con forma chata.
19-Rosca, rosco.
Pan con forma redonda provisto dun burato no medio.
20-Bolo, bolete, boliña, boliño, bolico, chusco, panocha, pico, torto
Bolo de pan pequeno.
21-Barra.
Peza de pan alongada.
22-Pan centeo
Pan elaborado con fariña de centeo (soa).
Icona elixida para representar ao pan galego (Saray 2º de ESO)

DICCIONARIO DO PAN ESTUDADO E ELABORADO NO PROXECTO


Comentarios

Entradas populares de este blog

IXP Pan Galego

Logotipo da indicación xeográfica Despois dun logo percorrido lexislativo xa temos o regulamento da IXP oficial do Pan Galego. A Consellería de Medio Rural publicou antonte no DOG a ORDE do 20 de xullo de 2020 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioG0426-210720-0004_gl.html Nela figuran as características que debe ter o pan para acollerse a esta denominación de orixe, e ademais podemos ler as principais formas que acolle. Felicitámonos de ter por fin unha lei que protexe ao noso pan e que pon en valor este ben tan prezado e único. Agora xa sabemos que a cantidade de auga para incorporar na masa será, como mínimo, de 75 litros por cada 100 kg de fariña, que o formento será o 15 % do peso da fariña amasada, e que se poden engadir como máximo 15 gramos de lévedo biolóxico e 18 gramos de sal por cada kilo de fariña. Este é un resumo das

Porcentaxe panadeira no pan galego

Denominación de orixe "Pan galego" As condicións que deben cumprir as pezas de pan galego están reguladas pola normativa creada para tal fin dende a Consellería de Medio Rural. Atópanse no documento de Indicación Xeográfica Protexida,  que detalla todo o proceso de elaboración, cales son os ingredientes e o etiquetado e logotipo oficial. logotipo oficial Extracto do documento (está en castelán). PLIEGO DE CONDICIONES IGP "PAN GALEGO" /"PAN GALLEGO"   JUNIO20173 El  pan  amparado  por  la indicación  geográfica  protegida “Pan  galego”/  "Pan  gallego" presenta las características siguientes: Forma: variable  en  función  del  formato  de  que  se  trate. Existen cuatro tipos de piezas, con un formato tradicional específico (ver anexo I), que son:  -“Bolo” u "hogaza": de hechura redondeada e irregular, puede llevar hendiduras en su parte superior y la relación ancho/largo se aproxima a 1/1. Otras variantes son: re

A conrobla

Non sei que ten o pan galego que a todos gusta, e por iso quixemos dar gusto a todo o mundo facendo unha conrobla como é debido, das que só nós sabemos facer, falando e comendo ben. Velaquí o pan e os chourizos de David (2º de ESO) A mesa expositora, a medio encher, e os carteis divulgativos de fondo A mesa das mazás como froita recomendada, coas fermosas cestas que fixo o pai de Raquel (a profe de Galego) A degustación: o pan foi xentileza da panadería Rufina, a carón do IES, e o salchichón de Raquel; as fotos son de Olaia (a profe de historia). Non todo foi comer, o propio era explicar os proxectos; nesta mesa contabamos que proporcións ten o pan galego e como se fai; na seguinte que son as horas de frío e a súa importancia no desenvolvemento dos frutais; e na do fondo como se mide a auga de chuvia, pero a esa zona tardaban en chegar, o público amoreábase ao redor do pan. Quédannos cousas por facer, buscamos a etiqueta nutricional do pan galego, non un calquer