Ir al contenido principal

Medidas relacionadas co ciclo do pan


Co obxectivo de coñecer instrumentos e unidades de medida tradicionais da contorna próxima e reflexionar sobre o seu uso actual os alumnos de 3º ESO na materia de Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas elaboraron unhas presentacións nas que expuxeron os resultados da súa indagación.
Ferrado de Vilambrán (Láncara)
Nelas deberían de contemplar os seguintes aspectos:
  • Contextualización da localización elixida
  • Fontes de información empregadas
  • Descrición e clasificación das unidades e instrumentos de medida das diferentes magnitudes (lonxitude, superficie, volume, capacidade, masa, tempo...) que se empregan ou empregaron na localización elixida
  • Conclusións



Comentarios

Entradas populares de este blog

IXP Pan Galego

Logotipo da indicación xeográfica Despois dun logo percorrido lexislativo xa temos o regulamento da IXP oficial do Pan Galego. A Consellería de Medio Rural publicou antonte no DOG a ORDE do 20 de xullo de 2020 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioG0426-210720-0004_gl.html Nela figuran as características que debe ter o pan para acollerse a esta denominación de orixe, e ademais podemos ler as principais formas que acolle. Felicitámonos de ter por fin unha lei que protexe ao noso pan e que pon en valor este ben tan prezado e único. Agora xa sabemos que a cantidade de auga para incorporar na masa será, como mínimo, de 75 litros por cada 100 kg de fariña, que o formento será o 15 % do peso da fariña amasada, e que se poden engadir como máximo 15 gramos de lévedo biolóxico e 18 gramos de sal por cada kilo de fariña. Este é un resumo das ...

O noso pan

Durante aproximadamente un mes estivemos recollendo datos sobre o vocabulario asociado ao proceso de elaboración do pan na nosa contorna a través dun formulario proporcionado polo programa PaLeGa que nós adaptamos para facilitar o uso de distintos dispositivos (teléfonos e ordenadores). Arquivos oficiais do proxecto que están nesta web: Caderno de enquisa ( PDF ) Follas para os datos ( Excel ou OpenDocument ) Imaxes ( zip ) Para os interesados en empregar a nosa versión amosamos capturas de pantalla deste formulario e proporcionamos un enlace de proba , tamén estamos a dispor de compartir a edición aos que o soliciten. Pantalla inicial do cuestionario Modelo de sección coas preguntas estándar O formulario está feito coa aplicación de Google Forms e consta dunha sección inicial de recollida de datos da persoa que fai a enquisa (no noso caso é o alumnado, que foi avaliado polo desenvolvemento desta tarefa), e vinte e dúas seccións mais cunha pregunta inicial aco...

As nosas palabras

Palabras obtidas no formulario do Pan 1-Fermento, formento, lévedo, levedo, masa nai,  requento. Masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan. 2-Becerra, asmo Franxa de masa amazocada que ás veces queda no pan ou nos doces, por non estar ben cocidos. 3-Alvelo, angazo, angado, arganzo, corno, forca, forquilla, forquita, forcada, esgalladoiro,  pau, rodo. Pau longo de madeira, que pode ter gallas ou non, que se emprega para introducir ou remexer a leña no forno. 4-Angazo, atisador, cinseiro,  fachizo, lareiro, pa, pala, pa de forno, pa de enfornar, rodo, sobraseiro, varredoiro, Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas ou a cinsa no forno. 5-Artesa Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan. 6-Forma, forma cunca. Recipiente de madeira con destino ...