Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2020

IXP Pan Galego

Logotipo da indicación xeográfica Despois dun logo percorrido lexislativo xa temos o regulamento da IXP oficial do Pan Galego. A Consellería de Medio Rural publicou antonte no DOG a ORDE do 20 de xullo de 2020 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioG0426-210720-0004_gl.html Nela figuran as características que debe ter o pan para acollerse a esta denominación de orixe, e ademais podemos ler as principais formas que acolle. Felicitámonos de ter por fin unha lei que protexe ao noso pan e que pon en valor este ben tan prezado e único. Agora xa sabemos que a cantidade de auga para incorporar na masa será, como mínimo, de 75 litros por cada 100 kg de fariña, que o formento será o 15 % do peso da fariña amasada, e que se poden engadir como máximo 15 gramos de lévedo biolóxico e 18 gramos de sal por cada kilo de fariña. Este é un resumo das