Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como formulario

As nosas palabras

Palabras obtidas no formulario do Pan 1-Fermento, formento, lévedo, levedo, masa nai,  requento. Masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan. 2-Becerra, asmo Franxa de masa amazocada que ás veces queda no pan ou nos doces, por non estar ben cocidos. 3-Alvelo, angazo, angado, arganzo, corno, forca, forquilla, forquita, forcada, esgalladoiro,  pau, rodo. Pau longo de madeira, que pode ter gallas ou non, que se emprega para introducir ou remexer a leña no forno. 4-Angazo, atisador, cinseiro,  fachizo, lareiro, pa, pala, pa de forno, pa de enfornar, rodo, sobraseiro, varredoiro, Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas ou a cinsa no forno. 5-Artesa Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan. 6-Forma, forma cunca. Recipiente de madeira con destino ...

O noso pan

Durante aproximadamente un mes estivemos recollendo datos sobre o vocabulario asociado ao proceso de elaboración do pan na nosa contorna a través dun formulario proporcionado polo programa PaLeGa que nós adaptamos para facilitar o uso de distintos dispositivos (teléfonos e ordenadores). Arquivos oficiais do proxecto que están nesta web: Caderno de enquisa ( PDF ) Follas para os datos ( Excel ou OpenDocument ) Imaxes ( zip ) Para os interesados en empregar a nosa versión amosamos capturas de pantalla deste formulario e proporcionamos un enlace de proba , tamén estamos a dispor de compartir a edición aos que o soliciten. Pantalla inicial do cuestionario Modelo de sección coas preguntas estándar O formulario está feito coa aplicación de Google Forms e consta dunha sección inicial de recollida de datos da persoa que fai a enquisa (no noso caso é o alumnado, que foi avaliado polo desenvolvemento desta tarefa), e vinte e dúas seccións mais cunha pregunta inicial aco...