Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

E ti, quen ves sendo ...

PLAN PROXECTA LINGUA, PATRIMONIO E COÑECEMENTO TRADICIONAL O que somos ... INTRODUCIÓN O IES Daviña Rey é un instituto que recolle unha gran cantidade de alumnado do ámbito rural, non só do Concello de Monforte de Lemos, senón tamén do de Bóveda, A Pobra do Brollón, O Incio, O Saviñao, Sober e Ferreira. Este feito explica que unha gran maioría dos rapaces/as do centro sexan galegofalantes e non manifesten ningún tipo de prexuízo cara ó galego. Ademais, o nivel de concienciación lingüística no centro é moi alto, pois de maneira xeral o alumnado vese a si mesmo como un importante elo dentro da cadea de transmisión da cultura e da lingua. Por outro lado, debemos tamén facer fincapé no feito de que tanto o noso profesorado como o PAS, pola súa orixe, son bos coñecedores da vida tradicional, polo que as súas achegas ó proxecto poden ser de gran valor. É ben sabido que o patrimonio e coñecemento tradicionais galegos están resgardados nas nosas aldeas e vilas, pero esa sabedoría p