Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

Cantiga 23

CANTIGA DE SANTA MARÍA NÚMERO 23   Esta é como Santa Maria acrecentou o viño no tonel, por amor da bõa dona de Bretanna. Esta é como Santa María acrecentou o viño no tonel, por amor da boa dona de Bretaña. Como Deus fez vo d'agua ant' Archetecro, ben assi depois sa Madr' acrecentou o vinno. Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio, a súa nai así acrentou ben o viño. Desto direi un miragre que fez en Bretanna Santa Maria por ha dona mui sen sanna, en que muito bon costum' e muita bõa manna Deus posera, que quis dela seer seu vezo. Disto direi un milagre que fixo en Bretaña Santa María por unha dona moi sen malicia na que moi bo costume e moi boa maña Deus puxera, e que quixo ser dela un bo veciño. Como Deus fez vo d'agua ant' Archetecro... Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio... Sobre toda-las b