PLAN PROXECTA
LINGUA, PATRIMONIO E COÑECEMENTO TRADICIONAL
O que somos ...
INTRODUCIÓN
O IES Daviña Rey é un instituto que recolle unha gran cantidade de alumnado do ámbito rural, non só do Concello de Monforte de Lemos, senón tamén do de Bóveda, A Pobra do Brollón, O Incio, O Saviñao, Sober e Ferreira. Este feito explica que unha gran maioría dos rapaces/as do centro sexan galegofalantes e non manifesten ningún tipo de prexuízo cara ó galego. Ademais, o nivel de concienciación lingüística no centro é moi alto, pois de maneira xeral o alumnado vese a si mesmo como un importante elo dentro da cadea de transmisión da cultura e da lingua. Por outro lado, debemos tamén facer fincapé no feito de que tanto o noso profesorado como o PAS, pola súa orixe, son bos coñecedores da vida tradicional, polo que as súas achegas ó proxecto poden ser de gran valor.
É ben sabido que o patrimonio e coñecemento tradicionais galegos están resgardados nas nosas aldeas e vilas, pero esa sabedoría popular, debido ó mundo globalizado no que estamos inmersos e ó despoboamento do rural, vai pouco a pouco diminuíndo. Deste xeito, é necesario implicar a mocidade no proceso de transmisión deses valores. Polo tanto, debido ás características do noso alumnado, participar no proxecto sería estupendo para espertar o interese dos rapaces/as por salvagardar a riqueza léxica e fraseolóxica vinculadas á vida tradicional e para establecer lazos colaborativos entre os máis novos e coas xeracións máis anciás.
Moitos dos nosos alumnos e alumnas aínda fan pan, axudan na matanza, participan nas vendimas e realizan todo tipo de labores agrícolas, de xeito que facilmente se mostrarán moi interesados na actividade. Esta servirá para completar e enriquecer o coñecemento que teñen da lingua e da vida mesma, pero tamén para depurar voces castelanizadas das cales non son conscientes e para afondar no coñecemento do rico patrimonio etnográfico, arquitectónico, natural, literario e cultural da súa zona. Ademais, o contido elaborado poderá ser empregado por calquera dos departamentos didácticos porque dunha maneira ou doutra van estar implicados. A isto sumaríase o aliciente de empregar as novas tecnoloxías polas que tanto se senten atraídos os mozos/as.
A mellor maneira de que os mozos/as sexan a salvagarda da lingua e da cultura é que se sintan parte delas.

OBXECTIVOS
- Motivar o alumnado cun proxecto integrador, aberto a toda acomunidade educativa, de xeito que os axude a ser cidadáns responsables capaces de compartir as súas aprendizaxes con outras persoas.
- Difundir o patrimonio material e inmaterial da zona.
- Fomentar actitudes de respecto pola lingua e a cultura.
- Implicar a toda a comunidade educativa nunha actividade interdisciplinar.
- Promover o emprego da lingua galega.
- Depurar a lingua de elementos foráneos (castelanismos ou estranxeirismos se se dese o caso).
- Fomentar o espírito colaborativo entre o alumnado.
- Tecer vínculos entre o alumnado e os seus familiares, veciños e profesores.
- Concienciar da necesidade de salvagardar a nosa cultura tradicional.
- Favorecer o emprego das TIC á hora de elaborar o material e de difundilo.
- Aproveitar o material que xurda do proxecto para mellorar a aprendizaxe das distintas materias.
- Valorar os coñecementos que teñen os nosos maiores.
- Espertar interese por coñecer elementos clave da nosa cultura.
- Difundir a nosa riqueza lingüística e cultural a través das TIC (web do centro, blog da biblioteca...).
- Incentivar o espírito emprendedor e investigador.
ORGANIZACIÓN
Para o desenvolvemento deste proxecto fomentarase sobre todo o traballo en equipo, o cal resulta fácil xa que moitos dos alumnos/as comparten o mesmo lugar de residencia (ben sexa aldea ou barrete). Así mesmo, favoreceranse situacións de aula que fomenten a autoaprendizaxe e a responsabilidade por parte do alumnado.
Por outro lado, botaremos man das diferentes plataformas colaborativas das que o centro dispón neste momento como é a Aula Virtual (colgaranse os materiais básicos para a realización do proxecto: cuestionarios; enlaces a páxs.de diferente material bibliográfico, como dicionarios ou monográficos sobre os campos que se investiguen; imaxes, vídeos...) e a plataforma Edixgal (abrirase un curso con todos os profesores/as implicados no proxecto para que pouco a pouco cada un inclúa aqueles contidos que se vaian elaborando e que poden resultar interesantes para completar o currículo do alumnado que emprega a tal plataforma).
As actividades organizaranse dos seguinte xeito:
1. Información e revisión dos cuestionarios.
Explicaráselle ó alumnado en que consiste o proxecto: obxectivos, propostas, ámbitos de actuación, cuestionarios, enlaces de interese...
O profesorado colaborador, valorará a posibilidade de ampliar os cuestionarios que se nos proporcionan para adaptalos ós ámbitos traballados.
Distribuirase o traballo entre os distintos grupos de alumnos/as. Non todos/as traballarán nos mesmos campos. Procurarase que os rapaces/as da mesma zona cubran diferentes campos semánticos. Partimos da idea de que o importante é a recolleita da variedade, non a cantidade de formas recollidas coincidentes.
2. Busca e selección de informantes.
O alumnado propoñeralle a actividade ás persoas da súa contorna, preferiblemente ás máis anciás. Posteriormente, procederase á realización das enquisas, gravación de audios e vídeos, deseño de debuxos...
3. Informatización e elaboración do material que finalmente se difundirá.
O alumnado do ciclo de sistemas electrónicos e telecomunicacións serán os encargados de informatizar os datos e de elaborar o material audiovisual que posteriormente se difundirá.
O responsable de coordinar a realización dos debuxos que ilustrarán o material recollido e que se difundirá será a profesora de Plástica.
4. Difusión da información obtida a través das diferentes plataformas coas que conta o centro.

AVALIACIÓN
Na fase de avaliación atenderase ó grao de consecución dos obxectivos para o cal se empregará o método da rúbrica e/ou da escala. Así mesmo, dado que esta actividade é multidepartamental, os criterios de avaliación serán contemplados nas programacións das diferentes materias. Ademais, ó formar parte o proxecto da programación de aula, deberá ser avaliado dentro das tarefas de clase pois remite tanto ós contidos conceptuais como procedementais. Así, o profesorado establecerá os instrumentos de avaliación que considere adecuados e que lle permitan constatar a asimilación de contidos, a consecución de certas competencias e destrezas relacionados co espírito emprendedor e investigador e a evolución do alumnado en función das súas capacidades.
Na avaliación o alumnado participará de xeito activo mediante a autoavaliación e a avaliación das actividades desenvolvidas polo resto de compañeiros/as. Ambas as dúas realizaranse a partir dos indicadores que o profesorado estableza para as diferentes actividades.
Finalmente, tamén se fará unha avaliación do proxecto mediante a rúbrica: obxectivos ben definidos, organización correcta da actividade, metodoloxía axeitada, aspectos a mellorar, maiores logros ...
Comentarios
Publicar un comentario