Ir al contenido principal

Cantiga 23


Cantigas de Santa Maria (fragment)
CANTIGA DE SANTA MARÍA NÚMERO 23
 

Esta é como Santa Maria
acrecentou o viño no tonel,
por amor da bõa dona de Bretanna.
Esta é como Santa María
acrecentou o viño no tonel,
por amor da boa dona de Bretaña.


Como Deus fez vo d'agua ant' Archetecro,
ben assi depois sa Madr' acrecentou o vinno.
Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio,
a súa nai así acrentou ben o viño.


Desto direi un miragre que fez en Bretanna
Santa Maria por ha dona mui sen sanna,
en que muito bon costum' e muita bõa manna
Deus posera, que quis dela seer seu vezo.
Disto direi un milagre que fixo en Bretaña
Santa María por unha dona moi sen malicia
na que moi bo costume e moi boa maña
Deus puxera, e que quixo ser dela un bo veciño.


Como Deus fez vo d'agua ant' Archetecro...
Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio...
Sobre toda-las bondades que ela avia,
era que muito fiava en Santa Maria;
e porende a tirou de vergonna un dia
del Rei, que a ssa casa vera de camo.
Sobre todas as bondades que ela tiña,
a máis importante era que confiaba en Santa María,
e por iso lle evitou avergonzarse un día diante
do Rei que, de camiño, parara na súa casa.


Como Deus fez vo d'agua ant' Archtecro...
Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio...


A dona polo servir foi muit' afazendada,
e deu-lle carn' e pescado e pan e cevada;
mas de bon vo pera el era mui menguada,
ca non tia senon pouco en un tonelco.
A dona por servilo afanouse moito,
e deulle carne, peixe e pan e cebada,
pero non tiña bo viño para ofrecerlle,
pois só tiña un pouco nunha barrica.


Como Deus fez vo d'agua ant' Archtecro...
Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio...


E dobrava-xe-ll' a coita, ca pero quisesse
ave-lo, non era end' en terra que podesse
por deiros nen por outr' aver que por el désse,
se non fosse pola Madre do Vell' e Meno.
Dobrábaselle a pena, que aínda que quixese
telo, non era aquela terra lugar onde o houbese,
nin dando cartos nin outra cousa,
se non fose polo Nai do Vello e Neno.


Como Deus fez vo d'agua ant' Archtecro...
Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio...


E con aquest' asperança foi aa eigreja
e diss' «Ai, Santa Maria, ta mercee seja
que me saques daquesta vergonna tan sobeja;
se non, nunca vestirei ja mais lãa nen lo.»
E con esta esperanza foi á igrexa
e dixo: “Ai, Santa María, por favor,
sácame desta vergoña tan grande,
se non, nunca poderei vestir xamais la nin liño.


Como Deus fez vo d'agua ant' Archtecro...
Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio...


Mantenent' a oraçon da dona foi oyda,
e el Rei e ssa companna toda foi conprida
de bon vinn', e a adega non en foi falida
que non achass' y avond' o riqu' e o mesqo.
Inmediatamente, a oración da dina foi oída,
e o rei a súa compaña foi servida
de bo viño, e na adega non faltou,
que o encontraron en abuandancia, o rico e o pobre.


Como Deus fez vo d'agua ant' Archtecro...
Como Deus fixo viño da auga ante o antetriclinio...

Comentarios

Entradas populares de este blog

IXP Pan Galego

Logotipo da indicación xeográfica Despois dun logo percorrido lexislativo xa temos o regulamento da IXP oficial do Pan Galego. A Consellería de Medio Rural publicou antonte no DOG a ORDE do 20 de xullo de 2020 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioG0426-210720-0004_gl.html Nela figuran as características que debe ter o pan para acollerse a esta denominación de orixe, e ademais podemos ler as principais formas que acolle. Felicitámonos de ter por fin unha lei que protexe ao noso pan e que pon en valor este ben tan prezado e único. Agora xa sabemos que a cantidade de auga para incorporar na masa será, como mínimo, de 75 litros por cada 100 kg de fariña, que o formento será o 15 % do peso da fariña amasada, e que se poden engadir como máximo 15 gramos de lévedo biolóxico e 18 gramos de sal por cada kilo de fariña. Este é un resumo das

Porcentaxe panadeira no pan galego

Denominación de orixe "Pan galego" As condicións que deben cumprir as pezas de pan galego están reguladas pola normativa creada para tal fin dende a Consellería de Medio Rural. Atópanse no documento de Indicación Xeográfica Protexida,  que detalla todo o proceso de elaboración, cales son os ingredientes e o etiquetado e logotipo oficial. logotipo oficial Extracto do documento (está en castelán). PLIEGO DE CONDICIONES IGP "PAN GALEGO" /"PAN GALLEGO"   JUNIO20173 El  pan  amparado  por  la indicación  geográfica  protegida “Pan  galego”/  "Pan  gallego" presenta las características siguientes: Forma: variable  en  función  del  formato  de  que  se  trate. Existen cuatro tipos de piezas, con un formato tradicional específico (ver anexo I), que son:  -“Bolo” u "hogaza": de hechura redondeada e irregular, puede llevar hendiduras en su parte superior y la relación ancho/largo se aproxima a 1/1. Otras variantes son: re

A conrobla

Non sei que ten o pan galego que a todos gusta, e por iso quixemos dar gusto a todo o mundo facendo unha conrobla como é debido, das que só nós sabemos facer, falando e comendo ben. Velaquí o pan e os chourizos de David (2º de ESO) A mesa expositora, a medio encher, e os carteis divulgativos de fondo A mesa das mazás como froita recomendada, coas fermosas cestas que fixo o pai de Raquel (a profe de Galego) A degustación: o pan foi xentileza da panadería Rufina, a carón do IES, e o salchichón de Raquel; as fotos son de Olaia (a profe de historia). Non todo foi comer, o propio era explicar os proxectos; nesta mesa contabamos que proporcións ten o pan galego e como se fai; na seguinte que son as horas de frío e a súa importancia no desenvolvemento dos frutais; e na do fondo como se mide a auga de chuvia, pero a esa zona tardaban en chegar, o público amoreábase ao redor do pan. Quédannos cousas por facer, buscamos a etiqueta nutricional do pan galego, non un calquer