Palabras obtidas no formulario do Pan 1-Fermento, formento, lévedo, levedo, masa nai, requento. Masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan. 2-Becerra, asmo Franxa de masa amazocada que ás veces queda no pan ou nos doces, por non estar ben cocidos. 3-Alvelo, angazo, angado, arganzo, corno, forca, forquilla, forquita, forcada, esgalladoiro, pau, rodo. Pau longo de madeira, que pode ter gallas ou non, que se emprega para introducir ou remexer a leña no forno. 4-Angazo, atisador, cinseiro, fachizo, lareiro, pa, pala, pa de forno, pa de enfornar, rodo, sobraseiro, varredoiro, Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas ou a cinsa no forno. 5-Artesa Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan. 6-Forma, forma cunca. Recipiente de madeira con destino ...
Comentarios
Publicar un comentario