Logotipo da indicación xeográfica Despois dun logo percorrido lexislativo xa temos o regulamento da IXP oficial do Pan Galego. A Consellería de Medio Rural publicou antonte no DOG a ORDE do 20 de xullo de 2020 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pan Galego/Pan Gallego e do seu Consello Regulador. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioG0426-210720-0004_gl.html Nela figuran as características que debe ter o pan para acollerse a esta denominación de orixe, e ademais podemos ler as principais formas que acolle. Felicitámonos de ter por fin unha lei que protexe ao noso pan e que pon en valor este ben tan prezado e único. Agora xa sabemos que a cantidade de auga para incorporar na masa será, como mínimo, de 75 litros por cada 100 kg de fariña, que o formento será o 15 % do peso da fariña amasada, e que se poden engadir como máximo 15 gramos de lévedo biolóxico e 18 gramos de sal por cada kilo de fariña. Este é un resumo das
Non sei que ten o pan galego que a todos gusta, e por iso quixemos dar gusto a todo o mundo facendo unha conrobla como é debido, das que só nós sabemos facer, falando e comendo ben. Velaquí o pan e os chourizos de David (2º de ESO) A mesa expositora, a medio encher, e os carteis divulgativos de fondo A mesa das mazás como froita recomendada, coas fermosas cestas que fixo o pai de Raquel (a profe de Galego) A degustación: o pan foi xentileza da panadería Rufina, a carón do IES, e o salchichón de Raquel; as fotos son de Olaia (a profe de historia). Non todo foi comer, o propio era explicar os proxectos; nesta mesa contabamos que proporcións ten o pan galego e como se fai; na seguinte que son as horas de frío e a súa importancia no desenvolvemento dos frutais; e na do fondo como se mide a auga de chuvia, pero a esa zona tardaban en chegar, o público amoreábase ao redor do pan. Quédannos cousas por facer, buscamos a etiqueta nutricional do pan galego, non un calquer