Durante aproximadamente un mes estivemos recollendo datos sobre o vocabulario asociado ao proceso de elaboración do pan na nosa contorna a través dun formulario proporcionado polo programa PaLeGa que nós adaptamos para facilitar o uso de distintos dispositivos (teléfonos e ordenadores).
Arquivos oficiais do proxecto que están nesta web:
Arquivos oficiais do proxecto que están nesta web:
- Caderno de enquisa (PDF)
- Follas para os datos (Excel ou OpenDocument)
- Imaxes (zip)
Pantalla inicial do cuestionario |
![]() |
Modelo de sección coas preguntas estándar |
O formulario está feito coa aplicación de Google Forms e consta dunha sección inicial de recollida de datos da persoa que fai a enquisa (no noso caso é o alumnado, que foi avaliado polo desenvolvemento desta tarefa), e vinte e dúas seccións mais cunha pregunta inicial acompañada de imaxe e catro cuestións idénticas asociadas a esta, tal como se ve na captura.
Os resultados finais serán publicados na web de PaLeGa
Comentarios
Publicar un comentario