Non sei que ten o pan galego que a todos gusta, e por iso quixemos dar gusto a todo o mundo facendo unha conrobla como é debido, das que só nós sabemos facer, falando e comendo ben. Velaquí o pan e os chourizos de David (2º de ESO) A mesa expositora, a medio encher, e os carteis divulgativos de fondo A mesa das mazás como froita recomendada, coas fermosas cestas que fixo o pai de Raquel (a profe de Galego) A degustación: o pan foi xentileza da panadería Rufina, a carón do IES, e o salchichón de Raquel; as fotos son de Olaia (a profe de historia). Non todo foi comer, o propio era explicar os proxectos; nesta mesa contabamos que proporcións ten o pan galego e como se fai; na seguinte que son as horas de frío e a súa importancia no desenvolvemento dos frutais; e na do fondo como se mide a auga de chuvia, pero a esa zona tardaban en chegar, o público amoreábase ao redor do pan. Quédannos cousas por facer, buscamos a etiqueta nutricional do pan galego, non un calquer...